XA ESTÁ AQUÍ: REVISTA ESCOLAR DIXITAL O RAIO

OLA OLA, seguidorxs de O Raio.
Aínda que este ano está a ser un pouco extrano, achégase o remate do curso. No meu nome, Sara, gustaríame agradecer tanto aos meus compañeiros de traballo nesta aventura, ás nosas guías na mesma, e a aqueles que formáchedes parte dun xeito ou doutro deste proxecto, a vosa labor e o moito que me deixáchedes aprender de vós. Espero que de min levedes algo bonito que recordar tamén.
Sen máis, para que estou aquí? Pois para presentarvos a REVISTA DIXITAL DE O RAIO, do meu equipo.
E iso foi o que fixen ao comezo da mesma, presentarnos:

Na revista, feita con moito mimo para que vos guste, vos entreteña e vos divirta, incluín varios apartados:
· QUE E COMO TRABALLAMOS
· ALGUNHAS DAS NOSAS REFERENCIAS
· O CORPO E AS SÚAS CURIOSIDADES
· O VOSO TURNO, FAMILIAS!
· CORONAVIRUS, QUE ESTÁ A PASAR?
Nas que explico a nosa metodoloxía e as ferramentas que empregamos na aula (Constructor, Edupills, Twitter...) e que vos soarán de ver xa polas nosas entradas en Wix; referencias de blogues, canles de YouTube e mesmo libros que nós empregamos no contexto da clase pero que son de grande utilidade tamén para o fogar, en familia, e sobre todo na situación na que vivimos; algunhas curiosidades do corpo humano que seguro que non sabíades, pero das que tampouco seguro vos esqueceredes; actividades e propostas de ocio para levar a cabo en familia; e unha páxina adicada á COVID-19, en relación coa saúde e o corpo humano, tratando de explicarvos que está a pasar, como debemos actuar... e mesmo un conto que vos pode axudar a entender esta situación tan complexa.
As páxinas da revista conteñen hipervínculos de interese a outros blogues, páxinas web, canles de YouTube, recursos para traballar, titoriais, editoriais, contos dixitais... de maneira que non só sexa un recurso do noso equipo para ensinar o traballo que levamos a cabo, se non que tamén serva coma ventá para amosarvos o que dende outros lugares da rede se está a facer.


Sen máis, animámosvos a botarlle un ollo e desfrutar do seu contido. Poderedes atopala na pestana Drive de equipo, na páxina principal desta mesma Wix.
Pola miña parte, e ata aquí, podo dicir que estou moi feliz de formar parte deste equipo e da nosa comunidade, espero que a vosa sensación sexa a mesma.
Feliz verán, e feliz volta á normalidade, Raios.



Comentarios