top of page

MISIÓN II : O NOSO EPA
E xa estamos aquí, listos para a MISIÓN II. A finalidade principal desta segunda proba foi coñecer todas as ferramentas que existen para traballar o noso EPA (Entorno Persoal de Aprendizaxe).
Para isto, comezamos a traballar con elas. En primeiro lugar con Feedly, a cal nos permite suscribir a noticias de múltiples sitios webs creando feeds, entre os que nós destacamos atópanse as TIC en primaria ou blogueiros e docentes de referencia. Aquí tendes o link para botar unha ollada ós nosos referentes:
https://feedly.com/i/collection/content/user/c44feff6-f867-439b-b868-c62903b43ec7/category/global.all
Tivemos tamén a oportunidade de traballar con Symbaloo, que serve para organizar e categorizar enlaces web en forma de iconas que funcionan coma botóns. Aquí vos deixamos o noso:
https://www.symbaloo.com/home/mix/13ePLWiODU
Así mesmo, comezamos o noso camiño polas redes sociais. A primeira delas foi Twitter.
https://twitter.com/oraio9
Alí atoparedes todas as novas do centro e a información o máis actualizado posible, prometémolo!
Esperamos vervos polas PLE que vos amosamos e que comecedes a coñecelas á vez que nos!
Deixámosvos aquí a infografía onde engadimos algunha que outra máis, útil e interesante, coma os procuradores, outras redes sociais... que tamén vos compartimos por Twitter.




bottom of page