top of page

MISIÓN III : SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
Volvemos á carga, seguidorxs do Raio! Hoxe estamos aquí para contarvos, como é costume, as novidades no noso camiño polo mundo das novas tecnoloxías. Imos a presentarvos 2 novos recursos educativos cos que estivemos a traballar estes días, e que segundo pensamos, farán das nosas aulas un espazo adaptado ós tempos que vivimos e ó noso alumnado, pertencente, igual que todxs nós, á sociedade da información.
EDPUZZLE
É unha ferramenta online que permite editar e modificar vídeos propios ou da Rede para adaptalos ás necesidades da aula, creando videoleccións que facilitarán o emprego de metodoloxías coma o flipped clasroom. Con Edpuzzle seleccionamos vídeos educativos, editámolos, poñémolos ó dispor do alumnado e comprobaremos mediante preguntas insertas ó longo do visionado o nivel de comprensión e retención do grupo (e tamen dalgún familiar que se anime na casa!).
O que fixemos nós foi exactamente iso. Empregando un vídeo de Manuel Area, e coa axuda dun videotitorial da Youtuber Rosa Liarte, experimentamos con Edpuzzle ata conseguir o seguinte vídeo interactivo:
https://edpuzzle.com/media/5e5e6f906f34b5415b3ab993
Animádevos a velo e a participar del! Seguro que sabedes máis do que pensades sobre a sociedade da información... ;)
EDUPILLS
Píldoras formativas? PERO ISO QUE É!? Pois a resposta témola aquí!
Edupills é unha app presentada polo INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) que ten coma obxectivo proporcionar pequenas píldoras de información a docentes de todo o mundo para que poidan, segundo defenden os seus creadores:
«formarse, adquirir e desenvolver novas habilidades, destrezas e competencias dixitais dunha forma sinxela e rápida»
E iso foi o que fixemos dende o Raio. En primeiro lugar, rexistrámonos na app, e unha vez dentro botamos un ollo ó que alí había. A aplicación amosa 5 campos de coñecemento:
Dentro deste campo atopamos consellos para o bo uso das RRSS, coñecer e evitar o acoso, a netiqueta, comprender as cookies...
Neste atopamos píldoras para descubrir eXeLearning, os marcadores favoritos, creación de rúbricas dixitais, a escola Youtuber...
Dentro deste apartado podemos consultar aspectos coma a organización do e-mail, o almacenamento dixital, a búsqueda con criterio...
Neste caso, contén píldoras para a titoría na nube, a análisis da DAFO en educación, atallos do teclado, avaliar con e-portfolios, consellos creativos...
No último caso, atopamos xestores de contrasinais, ergonomía e pantallas, medidas de protección dixital, identificar virus...
Dentro das opcións que vos acabamos de comentar, decidimos adentrarnos nunha píldora de cada un dos apartados, e foron as seguintes:
PERTENCENTE Ó APARTADO SEGURIDADE: no que aprendemos sobre a fatiga visual e reflexionamos sobre as horas ó día que pasamos diante da pantalla, entre outros.
PERTENCE Ó APARTADO RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS: como ben di o propio nome, explícanos os diferentes atallos de teclado que nos facilitarán o traballo, como "refacer", CTRL+Y.
PERTENCE Ó APARTADO INFORMACIÓN: neste caso, fálanos do .rar e .zip, da función de comprimir e tamén de como descomprimir, así coma dos soportes, velocidade e espazo...
PERTENCE Ó APARTADO CREACIÓN DIXITAL: respondemos á pregunta que é internet? ou que é o www, os estándares web...
PERTENCE Ó APARTADO COMUNICA E COLABORA: e responde a cuestións coma que son as RRSS, os seus tipos e funcións, a diferenza entre horizontais e verticais e a súa aplicación na educación.
Aquí vos deixamos 3 exemplos máis de cada área de coñecemento e o enlace á web de Edupills porque, como todo sabedes
"saber e poder"
asique disfrutemos investigando e ampliando os nosos coñecementos!
A DESCUBRIR!





bottom of page