
MISIÓN IV : REALIDADE AUMENTADA E REALIDADE VIRTUAL
Vaia, vaia! Co nome desta misión estaredes intrigadxs polo que vos imos contar hoxe, e non e para menos porque temos que contarvos
cousas moi, moi chulas.
Durante estes días estivemos a traballar ben duro coa
REALIDADE AUMENTADA
E que é? Defínese coma unha tecnoloxía que agrega información dixital a elementos físicos do entorno, imaxes ou obxectos reais captados mediante un dispositivo móbil. Seguro que así non vos queda moi claro, e por iso imos amosarvos os proxectos nos que estivemos traballando para a aula.
En primeiro lugar, pensamos que como grupo, agora que xa temos un nome e que imos completando as nosas misións... precisábamos dunha bandeira que nos identificase! E puxémonos mans á obra. Para facer a nosa bandeira empregando a realidade aumentada, usamos a aplicación QUIVER. É unha aplicación cuxo sistema recoñece a imaxe ou obxecto da vida real, a escanea e engade a capa de contido virtual creada. Os pasos para seguir para usar este app son:
1 Descargar a aplicación gratuíta para IOS ou Android desde quivervision.com
2 Descargar e imprimir os debuxos para colorear
3 Abrir a aplicación desde o móbil ou tablet, picar no botón para apuntar ao debuxo,
esperar a que se poña de cor azul... e ver como eses debuxos cobran vida e ven en 3D
Así que iso foi o que fixemos. Como somos O Raio, inspirámonos no noso nome para darlle cor e forma á bandeira!
Como nos gustou tanto e non paramos de darlle voltas á cabeza... pensamos: e por que non darlle vida á nosa mascota aproveitando as oportunidades tan chulas que nos da Quiver! E preguntarédesvos... quen é a nosa mascota? pois non podía ser outra que RÍA! a nosa bacteria axudante que vos presentamos no Blog.
Non nos diredes que non mola! A realidade aumentada é unha ferramenta ó alcance de todos nos que fai da aula un espazo, se cabe, aínda mellor!
Pero isto non é todo, e vimos ensinarvos aínda máis posibilidades e aplicacións.
O seguinte que fixemos foi agochar a RÍA para xogar con ela. Soa raro? Pois é ben sinxelo!
Empregamos WALLAME, unha aplicación gratuíta que permite fotografar lugares e engadirlles despois imaxes, debuxos e mensaxes que tomarán forma en realidade aumentada (combinando elementos reais e virtuais) cando busquemos cos nosos dispositivos polos lugares nos que realizamos as fotos.
A continuación poderedes ver as imaxes das que vos vimos falando ata o momento, deixámolas na seguinte galería:
A realidade aumentada está moi ben, non nos diredes que non, pero dende O Raio non nos puidemos resistir a probar tamén a...
REALIDADE VIRTUAL
Esta supón a inmersión na simulación dixital dun mundo no que o usuario pode manipular os obxectos e interactuar co ambiente. Neste caso, empregamos a aplicación Google Street View para realizar a nosa fotografía en 360º do lugar onde agochamos a RÍA. É unha app sinxela de empregar, na que de xeito intuitivo te leva a fotografar o espazo ó teu arredor seguindo unha sucesión de puntos laranxas que te acompañan no movemento.
Seguindo con este mesmo tema, propuxémonos o seguinte: realizar unha procura en YouTube sobre vídeos de Realidade Virtual que poder levar á aula para tratar o tema que tanto nos preocupa
QUE TEMOS DENTRO DO CORPO?
Cada membro do grupo buscamos 2 vídeos estáticos e 2 dinámicos, que a continuación compartimos con vos:
VÍDEOS DINÁMICOS
VIAXE POLO CORPO HUMANO: Adentrámonos coa cámara nunha viaxe por dentro do corpo humano, dende a naríz, pasando pola boca, torax e chegando ó sistema nervioso. Un video moi divertido e explicativo, ademáis de ser ideal para os nenos e nenas polo tono tan dinámico do narrador así como pola facilidade das súas expresións.
https://www.youtube.com/watch?v=kw9EJbezlK4&list=PLtZ7rcj9igDmney_ofxMB23hPyu-dMKa0
VIRUS NO CORPO HUMANO: Trátase dun video profesional que precisará de antemán, unha pequena explicación sobre o virus e as diferentes enfermidades para poder entender un pouco o servizo multimedia. Nel observamos como se reproducen os virus dentro do corpo humano así como todo o seu movemento. Disfrutamos tamén dunha voz constante que nos explica todo aquilo que estamos visualizando.
https://www.youtube.com/watch?v=pQSzBtLdvdE
O APARELLO CIRCULATORIO: Trátase de unha viaxe 360º a través do noso sistema circulatorio. Nel o alumnado poderá facer unha viaxe por dentro do corpo, mediante o uso de un robot durante 4 min, antes de que os glóbulos vermellos o deteten como unha ameaza e o ataquen. Creo que con este vídeo, o alumnado poderá vivir e entender o mecanismo de defensa do sistema circulatorio cando detecta unha ameaza de unha forma moi visual e moi entretida.
O APARELLO REPRODUCTOR: Trátase de unha viaxe 360º a través do aparello reproductor. Nel o alumnado poderá facer unha viaxe por dentro do noso corpo, seguindo o transcurso dos espermatozoides ata que entran ao útero materno. Creo que con este vídeo, o alumnado poderá vivir e entender a reproducción humana dunha maneira moi visual e explicativa, o que lle permitirá entender este proceso tan complexo e tan díficil e complicado de explicar para as familias.
SINAPSIS, O CEREBRO POR DENTRO: Adentrámonos coa cámara nunha viaxe por dentro do cerebro humano, a través dun paracaidista satando dunha avioneta.. O video mostra as conexions neuronais e como funcionan, moi divertido e explicativo, a pesar de que poida ser recomendado para nenos e nenas de entre 12-15 anos, pode ser ideal para os nenos e nenas de menor idade polo tono tan dinámico do narrador así como pola facilidade das súas expresións.
https://www.youtube.com/watch?v=SBia0Zv82VQ
A VIDA SECRETA DAS BACTERIAS NO TEU CORPO: Adentrámonos nunha viaxe na que coñeceremos bacterias que están no noso corpo, específicamente nas diferente partes do mesmo e como funciona cada bacteria e como están compostas. Explicanos como estan formadas e moitas características das mesmas así como as funcións que desenpeñan.
https://www.youtube.com/watch?v=kkR0IDmvhoM
PERCORRIDO POLO SISTEMA DIXESTIVO: O vídeo que se adxunta amosa unha viaxe polo sistema dixestivo, acompañando a comida que un rapaz inxeriu. Ó longo do seu visionado, amosa datos ou nomes de sustancias e/ou aspectos que interveñen e se xeneran durante a dixestión no corpo humano.
https://www.youtube.com/watch?v=3HDf33OdoHM
O MILAGRE DA VIDA : Esta proposta explica, de xeito visual, o proceso de fecundación do ser humano e o xeito no que unha persoa medra no ventre materno, un xeito do máis lúdico e atractivo de explicar a parte máis biolóxica do proceso de reproducción humana, un dos máis complexos pola súa dificultade comprensiva á hora de tratar con nenas e nenos.
https://www.youtube.com/watch?v=OOx2c-IZA5Q
VÍDEOS ESTÁTICOS
OS SISTEMAS DO CORPO HUMANO: Disfrutamos aquí dun video educativo onde se mostra unha recopilación dos nosos sistemas (óseo, muscular, nervioso e pulmonar) e dos diferentes aparados (dixestivo, excretor e circulatorio). Enfócase a explicar as características máis relevantes de cada un destos. É ideal para os máis cativos e cativas, pola fluidez da voz narrante como pola facilidade ó visualizar cada parte que se está explicando.
https://www.youtube.com/watch?v=k1UZ4Lz1PHE
COMO FUNCIONA O CORPO HUMANO?: podemos ver neste video a dous cativos que aprenden sobre o aparello dixestivo na súa escola, ensinandolle así a todos os ointes. Visualizan tamén o aparello circulatorio e o excretor. Ademáis, explican como se forman as costras das nosas feridas e por que son tan importantes. Ó ser un video protagonizado por nenos e nenas, o alumnado que o visualice sentirase máis agusto, por encontrarse cos seus iguais.
https://www.youtube.com/watch?v=zabVr2bGrik
OS ÓSOS: Trátase de un vídeo educativo sobre o cuerpo humano para nenos, que en concreto trata a temática dos ósos do corpo. Nel, los máis pequenos poderán aprender máis sobre o aparello locomotor, en concreto ósos como o fémur, a tibia ou o cráneo. Pareceme un bo vídeo xa que a cámara está en estático e o que rota e o corpo humano, explicando a ubicación e a función dos ósos do corpo. Creo que desta forma é moi visual e moi explicativo.
OS MÚSCULOS: Trátase de un vídeo educativo sobre o cuerpo humano, en concreto sobre os músculos. Nel, presentanse diferentes partes do aparello locomotor e más concertadamente, como xa dixen, dos músculos. De esta maneira, o alumnado, poderá coñecer conceptos de anatomía como: bíceps, trapecio o tríceps. Ao igual que o anterior, pareceme un bo vídeo xa que a cámara está en estático e o que rota e o corpo humano, explicando a ubicación e a función dos principais músculos. Creo que desta forma despertará unha maior motivación e focalizará unha maior atención do alumnado.
A VIAXE DOS ALIMENTOS A TRAVÉS DO CORPO: Disfrutamos aquí dun video educativo onde se mostra o camiño que realizan os alimentos que inxerimos por todo o noso copor. Enfócase a explicar as características máis relevantes de cada parte e nomealas. É ideal para os máis cativos e cativas, pola fluidez da voz narrante como pola facilidade ó visualizar cada parte que se está explicando.
https://www.youtube.com/watch?v=Ix1gqUZrAiE
OS ÓSOS DO CORPO HUMANO: Disfrutamos aquí dun video educativo onde se mostran os diferentes óso que compoñen o noso esqueleto humano.. É ideal para os máis cativos e cativas, pola facilidade ó visualizar cada parte que se está explicando.
https://www.youtube.com/watch?v=IBsDvd2AQCk
O SISTEMA RESPIRATORIO: Neste video explícase o sistema respiratorio dunha maneira moi educativa e cun ton de voz adecuado para o alumnado de menor idade. Explican nel os conceptos máis importantes da respiración, as súas funcións e o perecorrido do osíxeno unha vez entra no corpo humano. Tamén dan unha serie de consellos sobre o que perxudica á respiración e aqueles actos que a melloran.
https://www.youtube.com/watch?v=Wq_bPoRTn7I
QUE É O SANGUE?:O vídeo que se propón explica, de xeito moi ilustrativo e claro, que é o sangue e de que está formada. Os seus debuxos son moi atractivos e emprega símiles para relacionar conceptos que o alumnado de primaria pode non comprender pola súa maduración, coma por exemplo, a relación das plaquetas cun pegamento.
https://www.youtube.com/watch?v=NibKfejNSL4
AS NOSAS OPINIÓNS
SARA: dende o meu punto de vista, unha mistura entre vídeos dinámicos e estáticos está ben para explicar certos conceptos na aula. Quizáis en alumnado de últimos anos de primaria sexa moi interesante empregar vídeos 360º polo seu potencial e a súa capacidade de abstracción xa desenvolta, sen embargo, coido que con alumnado de menor idade os vídeos estáticos son un bo xeito de saírse do establecido polo libro e de amosarlles e ensinarlles certos temas que de primeiras poden ser complexos, empregando personaxes, tons de voz ou música para facilitar a comprensión.
JESSICA: parécenme moi interesantes todas aquelas propostas que avancen, que rompan coa normalidade e se vaian modernizando. Por un lado están os videos estáticos, aqueles que nos permiten aprender e resolver todas as nosas inquedanzas, dunha maneira dinámica, divertida e sobre todo, que saile do cotidiano. Por outra banda temos os vídeos dinámicos, os chamados 360º. Paréceme espectacular o que se pode conseguir con estes medios e dende logo, un recurso imprescindible para as novas ensinanzas. Dada a inmensa cantidade de videos que nos encontramos nas plataformas, hai que saber elixilos en concordancia coa persoa á que se lle vaia poñer, xa que cada un deles está dirixido a un público diferente.
SANTIAGO: dende a miña visión, os vídeos estáticos e dinámicos son dous exemplos de innovacións tecnolóxicas que deberían estar implementados nos centros como complementos ou reforzos educativos, xa que axudan ao alumnado a comprender e a afianzar diversos contidos traballados na aula. Por un lado os vídeos estáticos, pode que sexan menos complexos e esten máis destinados a idades máis baixas ou a explicacións que se focalicen e se centren nun plano ou nun eixe fixo e moi definido. Por outro lado, están os vídeos 360º ou dinámicos, estes xa son moito máis complexos que os anteriores e estarían máis centrados a alumnado de maior idade ou nivel, xa que precisan dun maior nivel de coñecemento e de unha maior interpretacción. Sen dúbida, utilizar como complemento educativo algún destes recursos, será de gran axuda para o alumando.
DANIEL: como opinión persoal sobre este tipo de actividade, creo que toda ferramenta é ben vida a este mundo do descubrimento e a aprendizaxe, nós como guías debemos de educar o alumnado en valores e no bo uso de estas ferramentas, porque son instrumentos moi potentes que poden mellorar as capacidades dos pequenos exploradores da vida. Tanto os vídeos estático como os dinámicos aportan coñecementos, pero como resaltan os meus compis, cada un o seu debido tempo, por unha banda os estáticos son moito máis sinxelos para unha primeira aproximación, e para unha profundización maior e unha liberdade de escubrimento maior, dispoñemos dos vídeos 360º que permiten explorar de forma máis autónoma. Por tanto disfrutemos, explotemos e permitamos que os cativos exploren e aprendan con todas estas ferramentas das que dispoñen neste século XXI.














