POWTOON DO CORPO HUMANO!

OLA OLA FAMILIAAS!!
Xa estamos por aquí de novo, ainda que esta vez será para ensinarvos algo novedoso e que espero que vos ENCANTE. En primeiro lugar quero presentarvos un dos recursos educativos dixitais que desexo que incorporedes nas vosas casas.

Este é POWTOON. Ofrécenos a oportunidade de crear unha presentación dinámica para fomentar unha educación máis divertida e poder seguir ensinando contidos importantes dunha maneira diferente e motivadora.
Ten un deseño moi completo: dispón de ferramentas para animar a presentación: podemos elixir un fondo relacionado co tema a tratar, insertar textos, imaxes, obxectos e incluso incluír música ou unha gravación de audio; o que nos permite personalizar en todos os aspectos. Neste caso en particular, eu decidín seguir coas cores da WIX para poder manter un pouco a similitude dos diferentes traballos.
Agora quero ensinarvos a actividade que eu realicei a través deste medio, a cal podedes encontrar a través deste link: https://www.powtoon.com/c/btEABCFQZcM/1/m e que comeza, coa seguinte imaxe, á vez que a miña voz expeza a leer:

É un vídeo animado onde se profundiza nos aparellos e sistemas do corpo humano, contido comprendido no bloque 2 do currículo. Nesta presentación visualizamos os seguintes aparellos: dixestivo, circulatorio, respiratorio, muscular e óseo. Ademais explícanse cales son as partes que compoñen cada un deles. O vídeo está dirixida ó alumnado de primaria pola simplicidade das expresións, o tamaño da letra e o tempo para ler cada apartado. O obxectivo é que, os cativos e cativas poidan aprender sobre o que conforma o seu propio corpo, entender como funcionamos cando comemos ou respiramos e comprender o que é o sistema óseo e o muscular.
Deixovos aquí dúas imaxes para que poidades ver como é o formato:


Aquí tendes un exemplo de como presento os corpos, formulándolle un interrogante a todas as persoas que visualizan o video e dándolle uns segundos para que observen a imaxe e poidan relacionada un aparello.
Tras a interrogante anterior, ofrézcolle unha solución. En primeiro lugar nombrolle o aparello que están vendo para despois darlle algúns datos concretos sobre el, en xeral, sobre as súas partes e funcións.
Espero que poidades seguir aprendendo con estas novas actividades e como digo sempre, sen perder o toque de diversión, que é o que intentamos conseguir con todas estas innovacións nos recursos. Que as TICS nos axuden a seguir completando o noso camiño formativo pero dunha maneira máis dinámica e activa.
Sen máis, unha gran aperta da vosa capitana JESSICA!



Comentarios