Revista dixital O RAIO CURIOSO

Ola ola familias!
Son Daniel, e estou aquí para presentarvos o meu último proxecto, a revista dixital O Raio Curioso. E... que é O Raio Curioso? Un recurso dixital creado para traballar os contidos das materias Ciencias da Natureza e Educación Artística, de xeito que sexa o alumnado quen o elabore na aula coa axuda do docente.
Está feito empregando o programa Joomag, unha ferramenta de creación de revistas dixitais gratuíta. Nas súas páxinas inclúense contidos do Bloque 2 da materia de Ciencias da Natureza a modo de curiosidades sobre o corpo humano, ademais de exercicios lúdicos e entretidos para facer.
Para facer a revista empregaríase na aula a metodoloxía de Traballo Baseado en Proxectos, con dinámicas activas e divertidas, motivando ao alumnado e facendo da aprendizaxe algo significativo.
Aquí vos deixo a ligazón para que lle botedes unha ollada.
Vémonos en próximas aventuras.
Unha aperta do Raio Curioso.



Comentarios