top of page

POWTOON DOS SERES VIVOS!

Foto del escritor: A CAPITANA
A CAPITANA
25 abr 2020
2 min de lectura

OLA OLA DE NOVO FAMILIAAS!! Pois parece que todos lle collemos o gustillo a plataforma Powtoon!

Como xa vos poderedes imaxinar estou aquí para presentarvos o novo recurso que comecei a usar na aula, POWTOON!

Como ben dixo a Capitana, esta plataforma ofrécenos múltiples recursos que nos permiten crear presentacións en vídeo con múltiples animacións, e estas xunto co seu formado visual e atractivo, axudan a manter aos expectadores atentos e entretidos, a vez que aprenden.

Trátase de unha plataforma fácil de usar e que, como xa dixen, dispón de múltiples animacións e ferramentas que farán o vídeo ou presentación máis visual e dinámica para a súa posterior visualización, polo que suscitará unha maior expectación e despertará un maior interese, ademáis de ter a opción de engadir a propia voz en off, ou mesmo música que poderá amenizar e adozar a propia explicación.


Sen máis dilación, quero presentarvos o meu recurso sobre os Seres Vivos, o cal como xa saberedes está creado a través de dita apliacación....¡pasemos a velo!


Como puidestes ver, trátase de un vídeo animado onde se explica a diferenza entre seres vivos e seres inertes, se expoñen as características principais das diversas clases de vertebrados que existen, así como se presenta unha pequena introdución a clasificación dos invertebrados, contidos integrados no bloque 3 os Seres Vivos, da materia de Ciencias da Natureza.


Como poderedes ver na imaxe, apostei por comezar usando a miña voz para presentarme e introducir a materia a tratar, para así conseguir focalizar a atención do alumnado dende o inicio.



Posteriormente tentei usar na medida do posible diferentes figuras animadas que van aparecendo ao longo do vídeo dinámico e que están en concordancia e relación ca parte textual tratada, a cal principalmente está composta por preguntas para espertar a curiosidade dos expectadores, como poderedes ver na imaxe inferior....



Tamén decidin usar colores vistosos, e unha melodía tranquila e bastante lineal, con algunhas pequenas alteracións para non adormecer ao espectadores, de igual modo que tentei rematalo deixando unha sensación de suspense e misterio, para que esperen con ganas a seguinte publicación...


Como podedes ver, o vídeo está dirixido ó alumnado de 3º de Primaria, debido ou uso de expresións sinxelas e ao seu estilo atractivo e visual, aínda que pode ser aplicado a outros cursos. O obxectivo que pretendo con este recurso, é que o alumnado se vaia familiarizando co bloque dos seres vivos, así como este poida servirlle de recurso de axuda para realizar as tarefas propostas.


Espero que vos gustase a miña aportación e que poidades seguir aprendendo con nos a través destes recursos tan chulis. Un saúdo dun dos compoñentes de O Raio! Vémonos na vindeira publicación!

SANTIAGO PÉREZ BÚA


 
 
 

Comentarios


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page