top of page

Traballando coa PDI

Foto del escritor: A CAPITANA
A CAPITANA
10 mar 2020
2 min de lectura

Actualizado: 31 mar 2020

OLA OLA FAMILIAS!


Hoxe vimos a contarvos o noso último proxecto: un primeiro achegamento ó corpo humano coa axuda da PDI (pizarra dixital) da aula!


Para facelo empregamos a aplicación Activeinspire, coa que creamos un material no que xogamos, pensamos e á vez, aprendemos! Quen nos guía nesta aventura é RÍA, unha bacteria que fedella polo aire e á que lle pasan as cousas máis chulas! Aquí vola presentamos!







Como ben sabedes traballamos con nenas e nenos de 3º de Educación Primaria e, dende O Raio, propuxémonos investigar sobre aquilo que temos dentro do corpo, dentro da materia Ciencias da Natureza. Pensamos que mediante o xogo e as actividades interactivas coa axuda da tecnoloxía podemos fomentar unha aprendizaxe dinámica, rica e significativa! De xeito que preparamos a seguinte actividade para que a nosa próxima sesión na aula sexa, cando menos, ben divertida!


Preparádevos ben para axudarlle á nosa RÍA o próximo día nunhas misións ben divertidas!


Estando ela de viaxe polo aire, entrou nun lugar descoñecido sen querer! Que será aquel sitio?



Nesta primeira misión, propoñémosche adiviñar con ela uns xogos de palabras cos que, ademais de entreterte, aprenderás seguro!

Pero ela non é a única que está perdida! algunhas palabras que fan referencia ós músculos tamén o están, poderás atopalas?

Mmmm... e agora un reto! Decide se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas!

Gústanche os crucigramas? Podes pedir a axuda da tua familia para completar o seguinte. Veña, que xa casi está!

E para rematar... volta pola barriga! Alí parece que unhas cuantas palabras se afastaron do seu sitio. Úneas no lugar que lle corresponde!

E listo! MISIÓN CUMPRIDA! A que pasaches un tempo agradable? Déixanos a tua opinión para poder seguir traballando e, sobre todo, mellorando!


 
 
 

Comentarios


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page