top of page

ANÁLISE DE RECURSOS MULTIMEDIA

Foto del escritor: A CAPITANA
A CAPITANA
23 mar 2020
2 min de lectura

OLA OLA FAMILIAS!


Dámosvos a benvida a este apartado da nosa páxina web. Disporedes neste blog de diversas actividades e recursos para ir aprendendo e crecendo connosco.

A primeira aportación que vos queremos facer xira en torno ó analise dos recursos que nos encontramos na web e que poden servir para complementar toda a ensinanza.

Todos nos buscamos os mellores recursos dixitais que vaian en consonancia coa materia de ciencias da natureza e máis concretamento co corpo humano.

Porémosvos aquí unha ficha do análise de recursos multimedia seleccionando e explicarémosvos cales foron os aspectos nos cales profundizamos.





No comezo do documento encontrámonos cunha pequena parte para identificar: o autor da búsqueda e o grupo ó que pertence, o nome do recurso e o link para acceder a el.



En segundo lugar adxúntanse as fotos de dita actividade, para que poida ver o seu aspecto xeral. Neste caso podemos ver que se ensinan os sentidos e o aparello respiratorio.












Na segunda páxina, atopámonos cos aspectos xerais como a descripción da actividade (onde se explica o seu contido teórico), a trama que se leva a cabo durante a partida, os protagonistas no caso de telos, o tempo de duración total e a temática.















En terceiro lugar localízanse os aspectos máis tecnicos, como o sotfware, o autor do recurso ou data de creación.


Acláranse algunhas dúbidas sobre se os mecanismos ofrecidos pola aplicación son os suficientes como as intruccións, o deseño ou as posibles limitacións que presenta.











Neste cuarto apartado, redáctanse os aspectos didácticos como o curso ó que está dirixido, a área de coñecemento e o contido. Tamén se especifican cales son os aspectos que se traballan.


Deberemos concretar aquí se é necesario ofrecer coñecementos antes de realizar a actividade. E se, a linguaxe que se utiliza é a adecuada.



Marcaranse aquí cales son as operacións cogniticas que se traballan.







No último apartado deste documento, especificamos se hai feedback na actividade, se a avaliación é parcial ou total e reflexionamos se esta actividade sería a adecuada para levar a dentro da aula.



Como último apartado, dáselle unha puntuación final o recurso analizado, pintando 1 soa estrela se pensamos que é escasa e ata 5, como é este caso, cando a actividade sexa moi boa.







Deixámosvos aquí algúns dos links das outras actividades analizadas así como as imaxes dos diferentes apartados, para que poidades ter segundas opinións.




A SUMERXIRSE NOS RECURSOS MULTIMEDIA!

 
 
 

Comentarios


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page